|
XIII Feira de Outono 8 e 9 de novmebro de 2008 Osi participa na feira de Outono outro ano máis, expondo dende a "Tarta de San Martiño" a doces de mel, de noces, pan artesan, e tamén e como novidade fariña de millo artesan. Esta feira esta organizada polo Concello de Allariz, que ten como obxectivos a promoción, potenciación e valorización dos produtos agrarios do outono, tanto locais como comarcais: cogumelos, mel, castañas, noces, embutidos e pan artesanal, así como os seus derivados. Dende fai tempo esta fin de semana estase a converter nun enorme evento turístico-cultural na nosa Vila.
Programa Exposición Micolóxica e Etnográfica Salón da Praza de Abastos Datas: 8 e 9 de novembro Horario: 11.00h - 14.00h e 17.00h -20.00h A exposición amosa as variedades máis comúns de coumelos que se atopan nos diversos hábitats do noso monte. Recolle aparellos e ferramentas relacionados cos traballos realizados no monte e cos produtos exaltados na Feira: castañas, mel, pan...
Exposición de Cestería e obradoiro para nen@s a cargo de Toño “Cesteiro de Val de Lobeira”. Audiovisuais e Obradoiros: - Panadería biolóxica con formento - Rodar con aceite vexetal usado Pavillón da Feira Pavillón do Instituto (R/ Emilia Pardo Bazán) Datas: 8 e 9 de novembro Horario: 11.00h a 20.00h Neste recinto celébrase a Feira-Venda de Produtos de Outono con postos de castañas, noces, cogomelos, mel e pan artesanal, así como produtos transformados do sector agro-alimentario galego. Inclúense postos de libreiros con bibliografía específica. Durante a celebración da feira ofertarase un servizo de bar con tapas e racións elaboradas con ingredientes de outono.
Carpa Anexa ao Pavillón Sábado 8 de novembro 16.00h - 19.30h Obradoiros para os nen@s de todas as idades. - Debuxa o teu propio conto - Faite un caderno ou axenda reciclado - Coñecendo as prantas aromáticas - Calendario de plantación - Actividades de psicomotricidade para os máis cativos
20.00h Serán de Contos Ao remate da Feira e deica as 21.30h, iniciarase baixo a carpa pechada, un encontro de artistas a carón da palabra. Contaremos con narradores orais galegos. Ademáis ofertarase aos asistentes un pequeno “catering” de outono, e para remate, castañas asadas.
Domingo 9 de novembro 12.00h Troquiño: Mercadiño de intercambio de xoguetes usados. 13.30h Entrega de premios aos gañadores dos concursos de arte plástica.
Menús e Tapas Especiais deOutono Ao longo da fin de semana, ofertaranse menús e tapas con ingredientes estacionais en restaurante e establecementos asociados.
Noites de Outono Venres, 7 de novembro ás 12 da noite no Café-Cultural Roi Xordo, actuación de Ivan e Josito, música con humor |